Páxinas

24 de xul. de 2009

Cine Ciudad


En atención á petición de Mariña ligamos hoxe unha nova imaxe da Cidade Vella, imaxe que corre a conta de Xosé Castro, presentador de TVE e coruñés de pro.

Trátase do Cine Ciudad, que se localizaba nas proximidades da praza de Azcárraga e que logo se converteu en discoteca.

A bo seguro que a amiga de Mariña gozou dalgunha velada neste lugar na época dourada das salas de cine, cando cada barrio coruñés tiña cando menos cadanseu recuncho onde soñar con ser coma Grace Kelly ou John Wayne.

Pódese atopar tamén esta imaxe na web de Foto Blanco, onde datan a imaxe entre 1952 e 1954.

1 comentario:

  1. muchas gracias, estoy recopilando fotos de la ciudad vieja donde ella vivio hasta el 59 me ha hablado tanto de su infancia que creo que reconocería su casa y posteriormente por la zona de El Birloque, este final de verano se en la Ciudad las llevaré.

    ResponderEliminar