16 de nov. de 2009

Espera diante do Eusebio da Guarda

Alberto Martí | La Voz de Galicia 


A praza de Pontevedra non era aínda daquela un punto de conexión para o transporte urbano, mais funcionaba xa como espazo de encontro e espera. En concreto, a praza operaba coma unha eventual oficina ao ar libre, xa que era habitual que alí se concentraran as xentes do agro, cos seus apeiros, dispostas a se trasladar para participar na sega dos campos de Castela.

Ao fondo pódese ollar a escalinata do instituto Eusebio da Guarda.

1 comentario:

  1. Os galego falantes chamábanos veigueiros ou veigheiros. Os castelán falantes, jornaleros.

    Algúns era para traballar no entorno da Coruña; outros ían a Castela previo paso pola provincia de Ourense onde segaban o centeo. Nesta provincia parece que se poñían a traballar ao pouco de saír o sol e sobre as doce, remataban a faena porque a calor impedía seguir. O fin do traballo marcabano as badaladas das campás de cada parroquia, e parece que as mulleres competían entre elas para ver que casa ofrecía mellor comida aos traballadores, e quen lla servía nos manteles mais limpos e mellores (cóntanme que "llevaban hasta manteles de hilo"). O famoso eucalipto da praza de Pontevedra no que os veigueiros pinchaban as súas ferramentas penso que desapareceu en torno ao ano 66, ou algo desto quero lembrar que lin na prensa.

    ResponderEliminar