Páxinas

20 de nov. de 2009

Obras na avenida da Pasaxe

Alberto Martí | La Voz de Galicia

Hai medio século a coñecida como estrada das Xubias sufría unha importante obra. Consistían os traballos na eliminación dunha serie de curvas no trazado da calzada, un proxecto que tiña como obxectivo fundamental mellorar o acceso ao hospital.

Entón, o edificio que hoxe alberga o Materno ou hospital Teresa Herrera era a residencia sanitaria ou hospital xeral, posto que aínda non se construíra o edificio situado nas Xubias de Arriba , o actual CHUAC. O centro conserva hoxe parte da fachada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario