Único documento cinematográfico que se conserva da chegada a Galicia do hidroavión DO-X, orgullo da aviación alemá.
O hidroavión fora construído en Rorschach, Suíza, con tres cubertas, sendo a de pasaxeiros apta para 170 persoas.
A súa velocidade de cruceiro, de 170 km/h, tiña unha autonomía de doce horas. O DO-X saíu na súa viaxe inaugural o 9 de novembro de Alterbein (Ámsterdam), ao mando do comandante Christiansen.
Dirixiuse á vila inglesa de Calshot, onde efectuou varias probas, unha delas tendo como convidado ao mesmísimo príncipe de Gales. O día 14 saíu para Bordeus, pero, debido á néboa, tivo que amarar na Rochelle.
O día 20 o DOX saíu de Bordeus coa intención de realizar a viaxe directa cara á Coruña. Nesta época anterior ao radar, o xigante do aire ter que deter de urxencia en Santander, outra vez debido á néboa.
Ao final, á unha da tarde do 24 de novembro, como anunciara La Voz de Galicia, o colosal paxaro mariño apareceu tras da Torre de Hércules.
Esta película recolle á mole tras a súa amerizaxe, fronte á Illa do Castelo de San Antón, parándose xunto a boia de amarre, fronte ao Náutico. Podemos ver, tamén, o antigo edificio do Hotel Atlantic.
Esta peza pertence á colección particular de Alfonso Bartolomé.
Director: Berguer
Duración: 2:19
Ano: 1930
Ningún comentario:
Publicar un comentario