Páxinas

24 de feb. de 2010

Peirao de Ferro

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

No ano 1915 foi derrubado o Peirao de Ferro, un pantalán ou espigón que se adentraba no mar no medio do porto. Arrincaba pouco máis ou menos dos terreos que hoxe ocupa o Teatro Colón. Tiña uns douscentos metros de longo e dez de largo.

Ao parecer, dende a súa construción, el Peirao de Ferro foi o paseo obrigado de moitísimos coruñeses nas fermosas tardes primaverais e de verán para contemplar dende aí a amplia badía e o movemento do porto.

Durante os corenta e seis anos que prestou servizo pasaron polo Peirao relevantes persoeiros como Amadeo de Saboia en 1892 ou a infanta María Tareixa en 1902. A última efeméride histórica foi o desembarco, en 1908, do cadáver do insigne Curros Enríquez, traído do vapor Alfonso XIII, dende La Habana, onde falecera.

O famoso Peirao estaba asociado a tan tristes lembranzas como a marcha de emigrantes e o embarque das forzas expedicionarias que ían loitar a Cuba..

Constituíu, durante moitos anos, xunto coa Torre de Hércules e o Obelisco, un dos tres alicerces nos que se asentaba a vida coruñesa de aqueles tempos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario