5 de abr. de 2010

Instituto Eusebio da Guarda nos anos '10

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Edificio docente de estilo ecléctico, que toma referencias do Renacemento. Planta cadrada con patio interior e tres alturas. Destaca a gran escaleira de honor en mármore. Fachada dividida en tres corpos, central en aparello de pedra e laterais en cachotería encalada, agás nas molduras das ventás.

Na planta baixa accédese ao edificio por unha escalinata de dúas ramplas laterais medianamente curvadas. A segunda planta ten arcos de medio punto apoiados en columnas pegadas e tapados por vidreiras. A terceira planta parece un ático renacentista, terminado por un edículo no que se sitúa o reloxo e a campá. A parte superior rematada en cornixa con acroterios en ángulos e decoración vexetal.

Foi inaugurado en 1889, froito da doazón de don Eusebio da Guarda, e polas súas aulas pasou como estudante de Belas Artes un mociño chamado Pablo Ruíz Picasso.

1 comentario: