Páxinas

17 de nov. de 2016

Praza de Catro Camiños coa fábrica de Estrella Galicia

Estrella Galicia

... e -na marxe esquerda- coa estación de servizo proxectada por Antonio Tenreiro, cun dos trolebuses procedentes de Londres e... coa fonte sen funcionar como rotonda: boten ben unha ollada a eses coches a circular na mesmo sentido a un e outro lado da fonte.

15 de nov. de 2016

O Día das FF. AA. españolas de 1985 (vídeo)

Si, xa tiñamos unha e dúas imaxes en cor dese día de 1985. Porén, cando empezamos este blog non había a cantidade de material a circular polas Redes que hai máis dun lustro despois e así, podemos completar hoxe aquelas instantáneas de Alberto Martí con este vídeo que atopamos hai pouco en Yoube:



Ademais, gústame sorprender á xente máis nova que coñezo coa historia do magnicidio que planearon para ese día.

14 de nov. de 2016

O Lavadoiro Hixiénico en Fernández Latorre

Pedro Ferrer | A Coruña de Pedro Ferrer; Ed. Xerais

Pouco ou nada sabemos deste Lavadero Higiénico situado na Rúa Fernádez Latorre. É posíbel que a cheminea que se pode ollar na parte dereita sexa a da fundición Wonenburger mais iso xa son especulacións.

A miña avóa ten contado que ela ía lavar (décadas despois de que se tomara esta imaxe) a outro lavadoiro sobre o río de Moinelos ao que tamén había que acceder por un edificio, ao estilo deste. Haberá por aí algunha foto de tan singular construción? 

Levamos arredor de mil imaxes publicadas e aínda fincan unha chea de interrogantes...

12 de nov. de 2016

O lavadoiro público de San Carlos

Pedro Ferrer | A Coruña de Pedro Ferrer; Ed. Xerais

En 1893 rematou a construción deste lavadoiro público no Parrote, ao pé da muralla do Xardín de San Carlos. Fornecíase dun ramal procedente da próxima Praza da Constitución. Foi o lavadoiro que serviu para satisfacer a grande demanda da Cidade Vella, tamén chamada Cidade Alta.
___________________________________________

11 de nov. de 2016

Teatro Linares Rivas

Pedro Ferrer | A Coruña de Pedro Ferrer. Ed. Xerais

Este fermoso teatro obra de Leoncio Bescansa foi estreado en 1920 e non chegaría aos vinte anos de existencia, a finais da década seguinte foi derrubado para erguer, pese as dificultades da época, o flamante e moderno edificio do Cine Avenida, proxectado por Rafael González Villar.

10 de nov. de 2016

Adeus Castiñeiras!

Alberto Martí | La Voz de Galicia

Na imaxe pódese ollar o imparábel avance das obras de  prolongación da Avenida de Alfonso Molina desde a zona das estacións até practicamente a Praza de Ourense.

No momento de tirar a foto aínda non se construíra a ponte que permitiría evitar o cruce ao mesmo nivel do gran novo acceso con Juan Flórez mais permite adiviñar, se fixamos a vista ás casiñas da dereita, a magnitude das expropiacións que se tiveron que levar a cabo para sacar adiante os traballos.

Tal foi así que un barrio practicamente enteiro, o de Castiñeiras, desapareceu baixo os cascallos (moitos dos seus habitantes foran reubicados no novo Barrio das Flores) para dar paso ao que hoxe é o comezo da Ronda de Nelle, os xardíns da Praza de Catro Camiños e, por suposto, a avenida de Alfonso Molina.

9 de nov. de 2016

A Praza de Pontevedra en 1957

Alberto Martí | La Voz de Galicia

Exactamente no cruce coa Rúa Santo André, visto desde algunha altura en Juana de Vega. O tranvía non sabemos se vai ou vén das cocheiras (no fondo á dereita das Escolas E. da Gurada), o que si é curioso é velo compartir espazo cun trolebús.

Moito mudou ese recuncho, aos poucos anos as Escolas E. da Guarda volveron prestar servizo docente até o día de hoxe, as cocheiras foron derrubadas e no seu lugar se ergue hoxe unha delegación da Facenda estatal, o predio de galerías tamén foi derrubado e na actualidade hai un hotel da cadea Zenit, a calzada pola que se ven os carrís do tranvía é un espazo peonil (os automóbiles  circulan baixo falso túnel) desde a década de 1980 que xa foi anovado na primeira década do século XXI, ...

8 de nov. de 2016

Desfile militar polo Cantón Grande en 1940

Alberto Martí | La Voz de Galicia

Ao fondo, na esquina superior esquerda, pódese ollar adiviñar o edificio de Correos sen o Teatro Colón diante xa que daquela aínda non fora construído.