Páxinas

31 de mar. de 2010

Santo André e Caixa Galicia

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Aínda que en verdade o enderezo de Caixa Galicia figura e figurou na Rúa Nova non podemos pasar por alto nestes convulsos días esta imaxe da época en que xermolou a primeira entidade financeira galega. 

En 1978 froito da fusión da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de La Coruña y Lugo e a Caja de Ahorros de El Ferrol  nace Caixa Galicia, e que haberá ter a súa sede no edificio da primeira das partes mencionadas e que podemos ver na imaxe.

No entanto, este senlleiro edificio foi derrubado para dar paso a outro de porte máis moderno, pero tamén máis gris e que vai rachar coa harmonía e estética da zona e que é o que coñecemos actualmente.

Nos anos '80 e '90 máis bancos e caixas súmanse a Caixa Galicia que, a súa vez, se expande internacionalmente.

Mais con todo estes días semella que andaina remata, pode que se conserve o nome comercial pero é bastante probable que a sede viaxe até Vigo para xa non volver, e se ninguén o remedia teremos que nos conformar con ollar estas vellas imaxes...

Xardíns e estatua de Linares Rivas

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Peiraos de Linares Rivas nos anos '20

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Palacio Municipal: Salón Capitular ou de Plenos

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

E lugar onde hoxe tamén se celebran vodas civís.

Baía da Coruña

Pedro Ferrer | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

En primeiro termo podemos ollar os almacéns da Aduana e a continuación o Peirao de Ferro e a cantidade de barcos que tiñan que fondear case que no medio da ría, onde tamén se atopaba entón o castelo de San Antón, hoxe case atrapado por unha lingua de terra.

30 de mar. de 2010

Avenida do Cantón Grande

L. M. | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Peirao de Garás

J. González | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

The Front (sic)

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

"Zaaland" Mala Real Holandesa

Pedro Ferrer | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

"Los nuevos señores del entramado comercial de la emigración a América por puertos gallegos: Los consignatarios de las grandes navieras transatlánticas, 1870-1939." Alejandro Vázquez González, Universidade de Vigo (PDF)

Castelo de San Antón nos anos '30

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

29 de mar. de 2010

O Palacio Municipal entre 1912 e 1920

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Proxectado por Pedro Mariño foi construído entre 1904 e 1912 e inaugurado en 1927 polo rei de España Afonso XIII. Nel atópanse diversas dependencias administrativas do Concello da Coruña, o Salón de plenos, os despachos do Alcalde e dos concelleiros e o Museo do Reloxo.

É un edificio de cantaría galega, cunha superficie en planta de 2.300 metros cadrados. Ten 3 andares e ático. A súa fachada levantouse ao longo dunha fronte de 64 metros, ten 43 fiestras abertas ao exterior e no seu corpo interior ábrense 15 arcadas que serven uns amplos soportais.

No proxecto inicial da construción da Praza de María Pita o Palacio Municipal quedaba englobado dentro das construcións no lado norte, pero posteriormente decídese deixalo exento.
Artellado en planta arredor do Salón Capitular, de dobre altura e con tribuna. Polos soportais accédese a un amplo vestíbulo flanqueado por dúas escaleiras, unha imperial á dereita e outra de catro tramos á esquerda, que reciben luz a través de dous patios cubertos. O resto do edificio disponse nunha estrita cuadrícula, para darlle flexibilidade á planta.

A fachada foi proxectada como reflexo da orde interior, ao estilo renacentista francés. Presenta un gran arco en ferradura cunha espléndida ferrería, cun óculo de vidro baixo no que o arquitecto grava as súas iniciais. Realizada en cadeirado, cachotería e ladrillo. As cúpulas están galonadas con cerámicas de brillo metálico e o resto da cuberta con zinc. Baixo a torre do reloxo está o escudo da cidade e catro cariátides (as catro provincias galegas). O resultado é un edificio de estilo ecléctico.
Sobre a súa arcada ten escrito en castelán:

"Casas consistoriales de la muy noble y muy leal ciudad de La Coruña, cabeza, guarda y llave, fuerza y antemural del Reino de Galicia".

Vista da Torre de Hércules dende a praia de Riazor a comezos do século XX

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

A Mariña entre 1910 e 1915

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Destaca no centro-esquerda da imaxe a parte posterior do Teatro-Circo Emilia Pardo Bazán.

Vista parcial do porto entre 1940 e 1948

L. Roisin | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

O Peirao de Ferro en 1901

Hauser y Menet | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

26 de mar. de 2010

Vista parcial do porto

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Rúa Garás (avenida Linares Rivas)

Entrada adicada aos que se anticipan :-)

 I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Juan Carlos (Yanka) dijo... Antes llamada Calle de Garás

Efectivamente tras Linares Rivas atópase a parte máis nova do Ensanche coruñés, unha zona que noutrora foi coñecida como as hortas de Garás. Atopámonos, ao mesmo tempo, con que esta rúa son os últimos quilómetros da estrada N-VI Madrid-Coruña.

Monumento a Aureliano Linares Rivas

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

O pobo da Coruña decidira erixir unha estatua a Aureliano Linares Rivas en sinal de recoñecemento a todo o que fixera como deputado nas Cortes de Madrid pola nosa cidade. O lugar elixido foi o da Rosaleda, antigo asentamento da Batería de Salvas, limítrofe cos xardíns de Méndez Núñez.

Ao prestixioso escultor español Agustín Querol, que é autor tamén da primeira estatua dos citados xardíns, a de Daniel Carballo, encargóuselle a súa realización, mais se cadra outros urxentes proxectos e non o substancioso premio que lle reportou a lotaría nacional española, coincidindo coa súa estancia na Coruña para inspeccionar o lugar de asentamento, fixo que o propósito caera no esquecemento para se atopar, de súpeto, con que a estatua aparecera na estación dos camiños de ferro con grande sorpresa de todos.

Non se trataba dunha soa figura escultórica, eran dúas, fundidas ambas en bronce: a estatua de Linares Rivas e unha alegoría da historia que coroaba o monumento. O pedestal, en pedra de granito, era obra do mesmo escultor.

Tiveron que transcorrer catro anos até a súa inauguración nunha mañá do 10 de Agosto de 1912, procedendo o seu fillo Manuel a descorrer a cortina que envolvía a figura do seu pai. Manuel Linares era un coñecido autor dramático que no ano 1903 viviu a fatal coincidencia de que mentres se estreaba en Madrid, no teatro Español, a súa comedia Aire de fuera, protagonizada pola popular María Guerrero, el estaba prostrado ante o cadáver do seu pai.

José Ricardo Díaz Pardeiro, "Miscelánea coruñesa"

Paseo de Méndez Núñez e Cantón Grande

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Castelo de San Antón en 1901

Hauser y Menet | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Un escritor a mediados do XIX describía o castelo de San Antón coas súas fortes murallas case inconquistables e as súas explanadas provistas de 18 troneiras de cantaría con canóns de bronce do calibre 34 e 36.

Un destes, chamado culebrina, de tempos do emperador Carlos, tiña de longo sete varas e media e del se dicía que as súas balas acadaban máis aló da embocadura da ría de Ferrol. Nos extremos do patio interior atopábanse oito calabozos sen máis luz natural que a que entraba por un reducido postigo da porta, dispoñía de varias vivendas para o persoal encargado da custodia, unha capela e un alxibe profundo para recoller auga doce.

O illote foi empregado como lazareto até o século XVI e en tempos de Carlos I pensouse en convertelo en fortaleza, recibindo a súa forma actual no século XVIII cando se derruba a ermida de San Antón. A posibilidade de poder combinar os seus fogos cos das outras fortificacións de Santa Cruz, San Amaro e San Diego, supuxo unha maior seguridade da cidade e do porto, que chegou ser centro de aprovisionamento de escuadras.

Os seus calabozos foron testemuña de historias tráxicas e novelescas. A mediados do XVIII ocupounos Gaspar Enrique Sarmiento Sanjurjo de Valladares, do rexemento de Cantabria, acusado, en unión da súa nai, de asasinar o seu pai o marqués de Valadares. Foi un dos procesos de máis sona porque os reos, que se deixaron morrer de fame en prisión, estaban emparentados coa nobreza galega.

Cincuenta presos acusados de reaccionarios, partidarios de Fernando VII, foron asasinados en xullo de 1823. Tamén cumpriu penas o mariño Manuel Pereira, liberal que soubo manter vivo o espírito revolucionario daqueles tempos nos que os sotos da Audiencia ofrecían albergue para os seus plans conspiradores.

José Ricardo Díaz Pardeiro, "Miscelánea coruñesa"

25 de mar. de 2010

Vista xeral do porto nos anos '10 do século XX

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Hospital Marítimo de Oza

O actual Hospital Marítimo de Oza asenta encol das antigas instalacións do lazareto marítimo, inaugurado en 1888. Coa desaparición da práctica corentenaria , as súas instalacións, por Real Orde de 6 de agosto de 1910, son cedidas para construír o Sanatorio Marítimo de Oza, para atender nenos preturberculosos e con tuberculose ósea.

 Un recuncho do parque nos anos '20
O actual recinto alberga unha serie de edificios, algúns deles dun grande interese artístico e histórico.
  • Batería de Oza ou “Fortín”
  • Pavillón cirúrxico “Fernández Latorre”
  • Pavillón de Colonias
  • Hospital de Oza

Batería de Oza 

O Fortín era orixinariamente unha batería de artillería que formaba parte do sistema defensivo da cidade. Construíuse a finais do século XVI, tralo desembarco de Drake na praia de Oza. A súa actual estrutura data de 1797, obra do arquitecto militar Don Blas Gil de Bernabé. O edificio orixinal tiña un desenvolvemento en "U" cuberto por bóvedas de canón que aínda podemos contemplar. Cando se converte en Hospital Marítimo, instálanse as cociñas e comedores das colonias infantís. Trala guerra civil érguese un andar e se instala a orde relixiosa que presta os seus servizos no hospital. En 1999 a Universidade da Coruña procede á rehabilitación do edificio, obra dos arquitectos Manuel López Mihura e Sonia Romero. Instálase o Instituto de Ciencias da Saúde, no seu andar baixo atópanse os laboratorios de investigación e o andar superior é destinado a uso administrativo.

 Anos '10
Pavillón Cirúrxico “Fernández Latorre”
Instalacións do museo
O Pavillón cirúrxico foi inaugurado en 1913. Actualmente alberga unha unidade de psiquiatría de día e unha importante colección de instrumental cirúrxico co que se abriu un museo,  o seu interese radica en que se conservan o antequirófano e quirófano primitivo, o que o fai único en España. Outra importante obra relacionada co pavillón é cadro de Seijo Rubio que pintou en 1928, no que se pode ver  os cativos operados a tomar baños de sol.

Pavillón de Colonias

Destinado a acoller as Colonias Escolares, o edificio é obra do arquitecto Pedro Mariño, un dos arquitectos máis relevantes da nosa cidade. En 1929 é inaugurado polos reis Afonso XIII e Vitoria Uxía. O Pavillón foi reformado polo arquitecto Ramón de las Casas en 1997. Coa reforma incorporóuselle un alongado volume na fronte da fachada no lugar que ocupara a escalinata principal. Este volume supuxo unha traumática agresión á configuración do edificio programado por Pedro Mariño. Ocultouse parte da fachada e a escaleira na súa totalidade, alterando de xeito drástico o edificio máis emblemático de Oza.

 Pavillón das Colonia nos anos '20
 O Pavillón trala reforma dos '90. Foto: R. F. Rumbao

O Hospital Marítimo de Oza

O Hospital de Oza convertese en enfermería de guerra durante a guerra, para pasar posteriormente ao Padroado antiberculoso e en 1990 incorporarse á rede do Sergas. Na década dos '90  procédese ao derrube dos pavillóns e haberase erguer un novo edificio, obra dos arquitectos Alberto Pineda e Andrés Reboredo. O hospital segue unha estrutura rectangular en planta, destacando a súa claridade compositiva, potenciada pola simplicidade estrutural e a austeridade decorativa e funcional, sen dúbida unha das obras máis singulares da cidade.

Anos '20
O novo hospital de Alberto Pineda e Andrés Reboredo. Foto: Turgalicia
_______________________________

24 de mar. de 2010

Igrexa de San Domingos arredor de 1910

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Praza de Santa Catarina en 1908

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Peirao de Ferro entre 1910 e 1915

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

O vapor iugoeslavo Drina na baía

Pedro Ferrer | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Peirao de Linares Rivas

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Lavadoiro público do Orzán

Hauser y Menet | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Un dos varios lavadoiros públicos que existiron na cidade. Algúns eran sinxelos, coma os que aínda podemos atopar hoxe en día en moitas aldeas e outros, como o que se amosa na imaxe (e dos que menos sobreviviron) de estilo neo-árabe, eran máis elaborados e elegantes.

22 de mar. de 2010

Dársena da Mariña entre 1954 e 1960

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Ata a segunda metade do século XX a cidade conservaba, como se pode ollar na imaxe, intactas as máis das súas esencias. Poderiamos marcar para esta parte da cidade como o principio do fin o derrubamento da vella sede do xornal La Voz de Galicia.

Vista aérea do Ensanche nos anos '30

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Impresionante instantánea na que podemos ollar unha morea de detalles: parte da praza de touros, unha fábrica en Juan Flórez, a praza de Vigo empezando a se construír, o Banco Pastor a dominar o skyline da cidade, o antigo colexio dos Xesuítas...

Obras do porto

Avrillon | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Imaxe pouco habitual, tomada entre 1900 e 1903, na que o máis salientable é a presencia do forte de Malvecín.

O forte de Malvecín estivo unido no seu día coa actual "coraza" do Orzán mediante unha muralla que defendía a cara sur da cidade a través do que hoxe é a rúa Juana de Vega. De feito, se nos fixamos ben, pódense distinguir os edificios que conforman xunto coa Rosaleda  a praza de Mina, destacando entre deles o de La Unión y El Fénix (que daquela non tiña a altura actual).

E agudizando un pouco máis a vista poderemos distinguir tamén, ao fondo, os centenarios muíños que coroaban os montes de Santa Margarida e a Agra do Orzán.