Páxinas

15 de abr. de 2010

Vista parcial da dársena da Mariña entre 1917 e 1923

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Xardíns de Méndez Núñez e Cantóns nos anos '50

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Rúas de Sánchez Bregua e Compostela

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Estrada de circunvalación

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña
E mentres esperamos pola conclusión das obras de construción da Terceira Ronda e a AC-14 que ha ligar Coruña directamente coa A-6 debémonos conformar con esta imaxe do paseo marítimo no seu tramo das Lagoas, concibido na súa orixe como estrada de circunvalación.

Ábsida da igrexa de San Francisco

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña
A igrexa formaba parte do convento do mesmo nome situado na Cidade Vella, "fóra de murallas"; fronte o xardín de San Carlos. Unha lenda conta que San Francisco veu a Coruña, e en día de grande tempestade, tras ordenar á mar que se calmara, elixiu para situar o seu convento no lugar rochoso máis bravo e inhóspito, para frear nel os azoutes do mar.

Cronoloxía

1214: Fundación do convento segundo Enrique Vedía. Fundado por Fray Benincasa de Tuderto, enviado por San Francisco desde Santiago para este fin.

1262: Primeiras referencias históricas no testamento de Dona Teresa Yáñez de Deza e na sepultura de Dei Hernandus Joannes de Gube.

1390-1400: dos talleres chegados de San Francisco de Betanzos, enriquecen a escultura e a fábrica desta igrexa; un taller, herdeiro do 'estilo ourensán' labra os capiteis vexetais dos arcos torais do cruceiro e a portada occidental. Un segundo taller levantou as capelas menores absidais, con alicerces dobres e ampla decoración escultórica.

1424: Os franciscanos da Coruña uníronse á Reforma Observante. Este Convento debeu ser o suficientemente grande como para acoller numerosos capítulos provinciais, un centro de estudio e para hospedar os reis nas súas visitas a Coruña. Para reflectir a súa relevancia cabe citar a hospedaxe do Emperador Carlos I de España, para celebrar Cortes en 1520, días antes de ser coroado Emperador en Alemaña; ou que o mariño Juan Sebastián Elcano incluíu no seu testamento -Xullo de 1526- a bordo da nave Victoria no mar do Sur a petición de que se celebre neste convento unha misa cada día até o seu regreso a España. Entre as confrarías que existiron neste convento desde o século XV unha foi da Inmaculada Concepción, que deu titularidade ao mesmo.

1589: O convento é incendiado para evitar que a Armada Inglesa dirixida polo capitán Francis Drake se faga forte nel. A súa reconstrución foi acompañada dunha ampliación das murallas deixándoo no seu interior.

1651. Sufriu outro incendio pola voadura do polvorín de San Carlos.

S. XIX: O convento é ocupado polas tropas inglesas de Sir John Moore até a súa morte en 1809. Trala exclaustración -1835- pasou ao Ministerio da Guerra que o converteu en cárcere até 1879 en que se derrubou parte del.
Foi propiedade particular até 1937 cando é expropiado para uso militar. Os intelectuais da cidade reaccionaron solicitando a súa Declaración como Monumento Histórico-Artístico. Declaración que tivo lugar en Xaneiro de 1939.

1942. Os franciscanos regresan á cidade; a propiedade do inmoble conventual é aínda militar. A comunidade instálase nas proximidades da capela de Santa Margarida.

1964: traslado dos restos da igrexa, segundo proxecto do arquitecto Francisco Pons Sorolla, ao barrio de Santa Margarida, a un amplo soar propiedade dos Franciscanos e no que estes xa teñen un colexio. A súa estrutura foi alterada ao suprimir a nave lateral e alongar a nave central.

1976: o arcebispo compostelán Suquía crea unha parroquia nesta igrexa, aínda que a nave no se rematou até 1981.


E o resultado final dese traslado, habería que engadir, é máis ca cuestionable...

Colegio Franciscanos Coruña
CdePaz

14 de abr. de 2010

Enseada do Orzán

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Praza de Azcárraga a comezos do século XX

J. González | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Vista do castelo de San Antón e a ría dende a Solana

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Vista do porto dende a Palloza en 1902

Blas Serrano | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Vista xeral dende o Montiño a comezos do século XX

Pedro Ferrer | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

13 de abr. de 2010

Dársena do Parrote (sic)

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

A dereita da imaxe podemos ollar como cando foi tomada a foto xa comezaran as obras de enchido da dársena da Mariña que haberían ser ocupadas principalmente polos xardíns que coñecemos hoxe en día.

Xardíns de Méndez Núñez: asfaltado granítico sistema Metz

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Praia do Orzán nos anos '30

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Agora que se está a realizar estes días un novo aporte de area ás praias de Riazor e Orzán para unilas consideramos axeitado refrescar un chisco a memoria con esta imaxe para que logo ninguén se sorprenda ante futuras (posibles) eventualidades...

O hidroavión Whale na baía

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

E ao fondo, de esquerda a dereita, o Atlantic Hotel e os almacéns da Aduana.

Igrexa de San Xurxo e antiga Casa do Concello

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

A construción da igrexa realízase en varias fases, todas elas durante o s. XVIII, agás a torre sur (1906). Feita en cachotaría.
Por pertencer a xesuítas, segue o esquema construtivo do Jesús de Vignola: planta de cruz latina con tres naves separadas por piares, a central o dobre de ancha que as laterais.
Transepto dunha soa nave e cabeceira con organización tripartita, onde a ábsida central é máis profunda e elevada que os laterais.
Naves con bóveda de medio canón, reforzada por arcos faixóns, e no cruceiro bóveda de cucería nervada e lanterna. Ábsida con bóveda de aresta.
Os arcos formeros descansan sobre unha orde de estilo dórico. Unha tribuna que percorre todo o recinto, dende onde os xesuítas presenciaban o culto.
Fachada principal con corpo saínte con dúas grandes columnas dóricas, que separan tres corpos ornamentados con fornelas.
Torres máis atrasadas, de forma que o xogo da plástica barroca teña un maior efecto. Adro ao outro lado da rúa.
Fonte: Turgalicia

12 de abr. de 2010

Xardíns de Méndez Núñez e ao fondo os peiraos de Santa Lucía e San Diego

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Vista da Cidade Vella en 1929

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Ollo ao zeppelin que se ve no centro da imaxe, sobre o xardín de San Carlos! Trataremos de documentar axeitadamente esta imaxe.

Praza de Santa Lucía nos anos '10

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña
NO COMMENT

Limpadeiro de peixe da Palloza

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

A Mariña entre 1903 e 1913

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

9 de abr. de 2010

A praza de Mina a comezos do século XX

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Quinta nos Castros

J. Ortiz | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Presumiblemente a quinta Sal Lence, xermolo do actual colexio público do mesmo nome.

Vista parcial do porto nos anos '40

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Vista do Palacio Municipal e a praza de María Pita

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Río Moinelos

J. Ortiz | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña 

Vista dos peiraos da Palloza e San Diego nos anos '30

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Palacio de Xustiza nos anos '40

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Rúa de Santo André na confluencia con Santa Catarina nos anos '10 (II)

Pedro Ferrer | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Festival de aviación no Campo da Estrada

Pedro Ferrer | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Piscina da Solana nos anos '50

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

A Mariña. Peirao de Montoto

J. González | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

7 de abr. de 2010

Vista parcial da dársena da Mariña

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

A canteira de Santa Margarida e vistas do centro da cidade

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

O que se ve na parte inferior central da foto foi unha vella canteira ao pé do monte de Santa Margarida e que habería dar nome a unha popular baiuca situada nun local na esquina do grupo de edificios que se ve máis á esquerda, no que hoxe é a glorieta de América.

A comezos dos '90 tivo lugar a construción no oco deixado por dita canteira do Palacio de Congresos, hoxe reconvertido en Palacio da Ópera, mais parte da pegada deixada por esa explotación mineira aínda se pode ollar "semioculta" por un abanqueiro artificial feito como parte das obras de urbanización da contorna do propio Palacio de Congresos.

Rúas Francisco Mariño e Juan Flórez

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Praza de Pontevedra nos anos '40

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

En xullo de 1929 o arquitecto don Antonio Tenreiro ha proxectar o que será o popular edificio propiedade da Sociedad de Seguros Mutuos de Accidentes de Trabajo (no centro trala estatua de don Eusbeio da Guarda), senlleira construción lamentablemente derrubada en 1975.

A praia de Riazor a comezos do século XX

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

6 de abr. de 2010

Rúa do Instituo (praza de Pontevedra)

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Santo André nos anos '40

L. Roisin | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

A praza de Catro Camiños en 1970

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

O Palacio Municipal nos anos '10

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Se hai uns días falabamos da construción do Palacio de María Pita, que na época na que foi tomada a imaxe apreciamos que aínda non se rematara, hoxe podemos facer unha comparativa coa anterior sede municipal, que non era outra que o edificio que se aprecia anexo á igrexa de San Xurxo.

Folga explicar que, se ben se trataba dun edificio moito máis humilde, non estaba exento de certa beleza e como dato curioso que cabería sinalar, na súa parte traseira estaba localizado o mercado de San Agostiño orixinal, non moi distinto dos pendellos que aínda podemos atopar hoxe en Agolada.

Como a maioría saberán o vello edificio do Concello foi derrubado e se ben houbo un proxecto de erguer nese sitio un museo de Belas Artes (do que daremos conta no seu momento) finalmente o que se fixo foi abrir unha rúa (hoxe chamada de Xoán XXIII) que serve de acceso ao novo mercado de San Agostiño, outra construción de Antonio Tenreiro digna de mención que terá o seu lugar no blog tamén ao seu debido tempo.

Miradoiro dos Castros

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Entrada dedicada aos amigos troleiros, xa que gracias a eles sabemos que o nº2 da Cía. de Tranvías (que se pode ver á esquerda da imaxe) daquela daba a volta baixo o punto no que está tomada a foto. Hoxe o nº2 chega até a Urbanización Casablanca, retornando a este mesmo sitio pola avenida da Pasaxe, rachando deste xeito a simetría que caracteriza o trazado desta histórica liña.

Outras curiosidades ou diferenzas que podemos ollar é que o parque do miradoiro ocupaba orixinalmente todo o largo do que hoxe é a avenida do Exército ou que o porto comercial e petroleiro en San Diego aínda estaba sen rematar.

O casal que se pode ver entre o miradoiro e os terreos gañados ao mar aínda habería aturar en pé até finais da década dos '90, cando foron derrubados para construír o parque de San Diego e os seus centros cívicos e deportivos. Tratábase dun pequeno oásis rural, coa súa fontiña o seu lavadoiro e os seus eucaliptos en medio do "deserto gris" en que converteron o outrora mariñeiro barrio dos Castros.

5 de abr. de 2010

Praza de Santa Catarina, fonte de Neptuno

Hauser y Menet | III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Praia de Riazor nos anos '60

III Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Algúns dos bancos que se poden ver na imaxe son os que hoxe están no Cantón Grande, a onde os devolveu o ex-alcalde Francisco Vázquez tras pasar varios anos nos almacéns municipais.

A Baía en 1905

Hauser y Menet | I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Cantón Grande en 1902

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Como detalle máis curioso podemos ollar que naquela época andaba a tender os carrís para o tranvía que, primeiramente, habería ser de tracción animal.

Instituto Eusebio da Guarda nos anos '10

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Edificio docente de estilo ecléctico, que toma referencias do Renacemento. Planta cadrada con patio interior e tres alturas. Destaca a gran escaleira de honor en mármore. Fachada dividida en tres corpos, central en aparello de pedra e laterais en cachotería encalada, agás nas molduras das ventás.

Na planta baixa accédese ao edificio por unha escalinata de dúas ramplas laterais medianamente curvadas. A segunda planta ten arcos de medio punto apoiados en columnas pegadas e tapados por vidreiras. A terceira planta parece un ático renacentista, terminado por un edículo no que se sitúa o reloxo e a campá. A parte superior rematada en cornixa con acroterios en ángulos e decoración vexetal.

Foi inaugurado en 1889, froito da doazón de don Eusebio da Guarda, e polas súas aulas pasou como estudante de Belas Artes un mociño chamado Pablo Ruíz Picasso.